Mércores. 24.04.2019
El tiempo

Mimadriña, canta arte haiche na rapazada da Costa de Muxía!

Mimadriña, canta arte haiche na rapazada da Costa de Muxía!
Palmira Mimandrinha e os nenos de Muxia cosendo

Pois si, haiche moita arte na rapzada muxiá e así o confirma a boa de Palmira Mimadriña, tras pasar dous meses de Campamento de verán “Por Igual” en Muxía, xestionado tamén por Nova Xestión Cultural, nun programa do Concello de Muxía subvencionado pola Deputación que hoxe mesmo clausura o alcalde Félix Porto, cunha pequena festa.

Un campamento que durou dende o 1 de xullo e ata este mércores 27 de Agosto, seguindo a mesma liña temática e conceptual que a edición do Campamento de verán “De igual a igual” celebrado no ano 2013. O obxectivo, o de axudar os cativos e cativas a buscar información, formarse e crear para "facer" a súa propia realidade, a tomar consciencia do seu propio ser creativo e a súa autoestima, favorecendo cidadáns críticos, positivos e en igualdade.

A idea foi “ofrecer unha alternativa ao concepto clásico dos campamentos urbáns, unha alternativa con alto contenido creativo, divertida pero á vez práctica, na que por medio da experiencia adquiran coñecementos para capacitarse na confianza das súas propias habilidades e talentos e o mostren a través do seu propio blog”, comos nos conta a propia Palmira Castro Marcote, coa que falabamos nas “Bondades da fala” non hai moito.

E se non vos credes que falamos dun campamento diferente, botade un ollo a todos estes vídeos:

Where the Hell is Matt?

Unha Palmira que nos conta que o vídeo de cabeceira está baseado nunha idea orinixal de Matt Harding.

Dando vida á plastilina


Tocando os propios instrumentos


Como se fixo o Gernika

Aquí vos deixamos coa colaboración do fotógrafo e músico Etel Bande, aprendendo aos cativos a pintar, nada menos que un Gernika.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios