Venres. 19.04.2024
El tiempo

Modesto Fraga, novo candidato do BNG de Fisterra

Modesto Fraga, novo candidato do BNG de Fisterra
Pluma e política mesturaranse en Fisterra dende xa. Este sábado 30 de outubro, celebrouse a Asamblea Local do BNG de Fisterra, que serviu para elixir o novo candidato ás eleccións municipais de maio. Só houbo unha proposta, presentada polo Movemento Galego ao Socialismo, unha corrente que forma parte do BNG, que non foi outra que a do coñecido e recoñecido poeta Modesto Fraga Moure. E polo tanto, ao non haber máis propostas, por unanimidade Modesto Fraga é o novo candidato. Deixámosvos cunha pequena biografía do poeta e político.

Modesto Fraga

Escritor e filólogo. É autor dunha importante obra literaria. Como poeta publicou os libros: DO AMOR SALGADO(1997), MAR DE AUSENCIAS (2009), ESE ESTRAÑO SILIENCIO (2002) e DERROTAS CON RAICES (2007). É coautor, ademais, da primeira antoloxía poética da historia da Costa da Morte ("De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte"), editada pola Asociación Neria o pasado ano. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Clube de escritores de Galiza, entidade da que foi membro da Xunta Directiva entre 2002 e 2006 e coa que organizou numerosos eventos de carácter nacional e internacional. Colaborador coa prensa escrita galega, foi un dos fundadores do Batallón Literario da Costa da Morte e da editorial Letras de Cal. Está en posesión de numerosos premios literaios ("Rosalia de Castro","Francisco Añón","Avelina Valladares", entre outros)

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Xan Carlos Sar Oliveira, "Kuka", Responsabel local do BNG de Fisterra.

Comentarios