O BNG de Fisterra pide a volta da Biblioteca Municipal
O grupo municipal do BNG vén de presentar esta mañá nas oficinas municipais unha instancia solicitando información, "clara e precisa, sobre a biblioteca municipal de Fisterra". I que segundo denuncia o voceiro da oposición Modesto Fraga, "hai xa máis de dous anos que no concello estamos sen este servizo público e, nese senso, xa está ben de esperar a que o goberno local dea explicacións sobre os motivos desta inxustificada demora".
E iso que na web municipal podemos ollar os horarios de apertura de verán e inverno.
Sinala Modesto que "na anterior coma na presente lexislatura o BNG levou a cabo diversas iniciativas (preguntas, Mocións plenarias, Rogos, etc) para coñecer a situación na que se atopa este asunto e, a día de hoxe, lamentablemente continuamos sen ningún tipo de información".
Novas relacionadas
- Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra.
- O nordés aumentou a dificultade no Campionato de Pesca da Langosteira.
- Aulas CeMIT: Máis cursos en Fisterra e parálise en Corcubión.
- Denuncian que a reclamación dunha promotora pode levar á ruína ao Concello de Fisterra.
- O BNG de Fisterra impugnará un pleno por ser convocado sen 48 horas de antelación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).