sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Carme de Fisterra pechou o verán a golpe de devoción e orquestras

O Carme de Fisterra pechou o verán a golpe de devoción e orquestras
A Virxe do Carme na procesión marítima de Fisterra - Foto- Darío Gómez

A procesión marítima e por terra da Virxe do Carme, o desfile militar, e as orquestras foron as protagonistas deste Carme de Fisterra. Unhas festas do Carme que chegaron para pechar o verán e o fixeron por todo o alto. 3 días de mar, solemnidade, devoción, pero tamén festa.

O pasado sábado 8 de setembro, día da Patroa de Fisterra, comezaron as festas, con pasarrúas e festa, da man da gran orquestra Florida e o grupo Niebla.

O domingo foi o día grande. Ademais do desfile militar, a que tomou as rúas foi a Virxe. Percorreu a vila ata que se subíu ao barco, e como patroa dos mariñeiros liderou a mística procesión marítima.
A sesión vermú cambiou a solemnidade pola festa e a orquestra D'Tacón fixo bailar a toda a vila. Pola noite a orquestra repetiu coa Impacto, e tampouco deixaron títere con cabeza.

Onte luns, era o último día e igual que as Festas da Barca, e trala misa a San Roque, foia orquestra SuperStar a encargada de poñer a nota musical para un gran fin de festa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios