Sábado. 25.05.2019
El tiempo

O Cemiterio de Fisterra cobra vida coa instalación efímera de Luisa Álvarez

O Cemiterio de Fisterra cobra vida coa instalación efímera de Luisa Álvarez
Cemiterio de Fisterra coas Luces de Luisa Alvarez Cemiterio de Fisterra coas Luces de Luisa Alvarez

Xa ten sido escenario para a promo dunha serie de Netflix, e mentres siga “deshabitado” continuará sendo “pasto” de accións singulares. Como a protagonizaron esta fin de semana a artista Luisa Álvarez e a brava xente do Estudio Aberto na Casa Das Peritas, en Mallas, convertindo o cemiterio nunha fermos a instalación artística.

Durante a noite do sábado 4 de agosto, de 21:00h a 0:00h unhas estruturas metálicas en forma de cruz ribeteadas con neón deron vida ao cemiterio deseñado en 1998 por César Portela. Ese cemiterio que aínda está orfo de corpos 20 anos despois. “Precisamente o campo santo funciona como significante baleiro, pois non é propiamente cemiterio, ao non poder acoller fenecidos. Do momento no que triunfaba a arquitectura de marca e a administración financiaba obras non sempre entendidas pola cidadanía e as veces vistas como un certo despilfarro de diñeiro público, tal espazo ampara, logo, a santidade dunha arte que, precisamente, desacraliza a propia arte, ligándose, ademais, coa tradición da crítica institucional”, apuntan os promotores da acción.

Así, o neón, empregado dende a década dos 20 do século pasado como reclamo publicitario, no inicio da sociedade e da comunicación de masas, invita a entrar, a través desta acción, no lugar, baleiro. Ademais, as cruces da instalación de Luisa Ávarez funcionan como duelo explícito polos lumes reiterados, a degradación ambiental e, en xeral a dinámica autodestructiva do sistema.

Cemiterio de Cesar Portela coas luces de Luisa Alvarez

Casa das Peritas

A artista, invitada na Casa das Peritas, espazo expositivo de Mallas (Fisterra), aberto ata comezos de setembro na hora do vermú traballa o neón, material característico da posmodernidade temperá. Con el, e seguindo a lóxica postindustrial e do espectáculo, adoita evidenciar a era do significante baleiro. Así, unha chave de sol, un emoticono ou un guau, guau! serven para que a artista articule e mostre o significado flotante, máis que a radical falta de sentido.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-vida-eterna-de-fisterra-nunha-serie-de-netflix/ https://quepasanacosta.gal/arte-e-vermu-na-casa-das-peritas-un-sopro-de-aire-fresco-a-cultura-da-costa-da-morte/

Comentarios