Mércores. 17.04.2024
El tiempo

O concello de Fisterra pide a Portos a reparación do alumeado do peirao

O concello de Fisterra pide a Portos a reparación do alumeado do peirao
Porto de Fisterra co alumeado normal e unha destas noites Porto de Fisterra co alumeado normal e unha destas noites "Moitas noites non hai luz debido a supostos problemas de instación", asegura Xan Carlos Sar Oliveira, tenente de alcalde de Fisterra. Por este motivo, o goberno fisterrán acaba de remitir un inscrito a Portos de Galicia informando da situación e pedindo a reparación do alumeado. Como consecuencia desta incidencia, o concello de Fisterra recibiu unha denuncia por unha caída na zona. O concello recorda que se trata dunha zona na que se deben garantir servizos elementais para o bo funcionamento das actividades do porto, pero tamén dado o seu marcado carácter urbano, cun alto uso por parte dos veciños e veciñas de Fisterra, e numerosos establecementos comerciais suxeitos ao pago de taxas por dotación de servizos do propio ente portuario. Segundo indica Sar "Portos de Galicia é o responsable do mantemento, xestión e correcto funcionamento polo que se lle solicita a urxente reparación de toda a instalación eléctrica e do alumeado do peirado de Fisterra a efectos de subsanar os problemas derivados do mesmo". Fonte

Comentarios