O Entroido de Fisterra xa ten pregoeiro

Estaremos de novo este ano no xurado do Entroido máis tradicional da Costa da Morte. Un entroido o fisterrán que ten demostrado que a copla ten canteira e que a retranca é a gran protagonista. Non se corta ninguén xa veña o alcalde ou o mesmo presidente do goberno.

E a primeira novidade é que xa temos pregoeiro para este ano, e será Paco Lodeiro.

O presentador, músico, actor e humorista Paco Lodeiro será o encargado de dar comezo as festas do Entroido 2015 da vila do Cristo. Tal e como informan desde o Departamento de Cultura do Concello de Fisterra, este polifacético artista pronunciará o pregón o sábado 14 de febreiro, ás 6 da tarde na praza da Constitución de Fisterra despois do desfile das comparsas as cales partirás ás 17:30 horas da Cruz de Baixar.

Ademáis de presentador do mítico programa Cifras e Letras onde comparte espazo con dous costeiros, e actor, humorista e un auténtico profesional da música. O seu traballo máis recenté é o disco Cantando con Galicia con Rosa Cedrón e Sito Sedes.Publicou dous discos como solista: Marea Interior e Máxia Negra. Cantou coma voz invitada en discos d Los Tamara e Os Satélites.
Autor xunto con Gastón Rodríguez dos temas musicais da serie de televisión de Libro de Familia.

O acto estará amenizado pola empresa Duende Sico con animación musical durante toda a tarde e Lodeiro será o encargado de presentar As comparsas participantes no entroido máis tradicional da Costa da Morte.

Entroido 2015

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).