![Kari Gale e a autora da mostra A Arte do Camino]()
Kari Gale e a autora da mostra A Arte do Camino
O próximo venres, 6 de maio, ás 12 horas terá lugar na
sala de exposicións do faro de Fisterra a inauguración da mostra
"A Arte do Camiño" de Kari Gale.
Despois de dez anos, a artista deixou o mundo da empresa para tomar un ano e profundar nas dúas cousas que máis lle gustan: debuxar e viaxar. Recentemente publicou o seu primeiro libro de debuxos “A Arte do Camiño”, unha viaxe ilustrada no Camiño de Santiago, documentando cada día do mesmo e obtendo como resultado máis de corenta ilustracións en acuarela.
A exposición poderase ver dende o día 5 ata o 31 de maio. E o horario é de luns a domingo, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
Fonte
- Redacción QPC (info@erbedoparafarmacia.com)
- Fiesterra