Sábado. 23.02.2019
El tiempo

O IES Fin do Camiño #DiKNon ás drogas

O IES Fin do Camiño #DiKNon ás drogas
Os usuarios do programa DiKNon da UTE de Teixeiro realizaron a súa obra de teatro de prevención de consumo de drogas no IES Fin do Camiño de Fisterra Os usuarios do programa DiKNon da UTE de Teixeiro realizaron a súa obra de teatro de prevención de consumo de drogas no IES Fin do Camiño de Fisterra Hai xeitos e xeitos de armar un taller sobre prevención de drogas. Por Fisterra son especialistas en tratar o asunto dun xeito especial. Xa teñen utilizado as novas tecnoloxías como ferramenta de prevención, e este ano quixeron vivir o consumo en primeira persoa. Para iso, a orientadora do IES Fin do Camiño, Mabel Ullacela, inscribiu o centro no Taller de Prevención de Drogas en Adolescentes “Di K Non”, un programa da Fundación Barrié desenvolto na Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro. Unha auténtica experiencia, crúa e directa, que deixou verdadeiramente impactados aos rapaces fisterráns. ”É a nosa forma de afrontar a prevención do consumo de drogas”, explícanos Ullacela, que xa hai anos colaboran co centro de formación de Secundaria de Adultos do Centro Penitenciario, con charlas a través das que os alumnos ven realmente o mundo do consumo das drogas non é o que eles cren. “Para os rapaces de 3º e 4º da ESO é unha forma moito máis directa de ver as consecuencias que ten o consumo. Deste xeito impáctalles moito máis, porque os que llo contan son xente que o está sufrindo e primeira persoa, é unha fonte fidedigna, directa, crúa”. O taller constou de dúas partes. Hai 15 días, os usuarios da UTE (un dos módulos de respecto do Centro Penitenciario, que está libre de drogas, e que conta con numerosas normas de comportamento e respecto) e participantes no programa “Di K Non” (un programa que convirte aos internos de Teixeiro en protagonistas do cambio, para compartir en vivo a súa difícil experiencia e ensinarlle aos alumnos de todo o país os problemas que conleva o consumo; un programa que ademais lles axuda a decatarse da importancia radical que tiveron as drogas no devir das súas vidas) visitaron o centro. Realizaron unha obra temática, con máscaras e moi visual, que chegou ao fondo dos alumnos. Aínda algo tímidos, os [email protected] fisterráns participaron no debate posterior sobre os riscos e as consecuencias do consumo. Non preguntaron demasiado (estaban algo “cortados” e si que interesaron pola idade na que comezaron a consumir, por exemplo) pero si que escoitaron, con gran atención, os relatos das vidas dos protagonistas, e como daqueles “xogos tontos cos colegas” acabaron delinquindo. https://www.facebook.com/ute.teixeiro/videos/2168790296715188/?t=11

Unha visita á prisión

Precisamente nesa liña baseouse a segunda das partes do Taller. Onte, mércores 7 de outubro, tivo lugar unha visita aínda máis impactante. Os alumnos acodiron ao Centro Penitenciario de Teixeiro é unha experiencia en si mesma. Atravesar todos os controis, esperar como se abren e pechan as portas, notar que o tempo se para e que corre moito máis despacio que na vida real. Unha visita que “serve para acabar cos mitos sobre o eido descoñecido que é os centros penitenciarios”, como recoñece Ullacela. Pero máis alá da propia prisión, o que máis impactou aos rapaces foron os relatos dos usuarios durante a sesión. Despois da presentación sobre os compromisos que teñen que cumprir para estar na Unidade Terapéutica e Educativa, e sobre os traballos, as normas, as obrigas… que deben manter para estar nese módulo; volveron ter uns talleres sobre as consecuencias do consumo e da influencia do entorno pode chegar a influír. ”Nós vemos o resultado final dun proceso que comezou facendo o tonto cos colegas, e niso quixeron reincidir, en que facer o tonto cos colegas cando es novo, acaba tendo moitas consecuencias, e é moito máis fácil de cortar ao principio que ao final”, explica Ullacela, satisfeita desta “positiva e enriquecedora” experiencia. O IES Fernando Blanco tamén participar nos Talleres Di-K-Non da Fundación Barrié.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ies-fin-do-camino-ganan-en-prevencion/ https://quepasanacosta.gal/deixando-que-as-cousas-sexan-bonitas-sendrogas/ https://quepasanacosta.gal/mozos-desamparados-ao-arbitrio-da-droga-e-o-botellon/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/cruz-vermella-leva-temas-de-educacion-sexual-e-prevencion-de-drogas-as-escolas-da-bisbarra/ https://quepasanacosta.gal/pais-e-nais-do-ies-pedra-da-aguia-participan-nunha-xornada-de-prevencion-da-drogadiccion/
Comentarios