Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O sector da hostelería segue denunciando a competencia desleal

O sector da hostelería segue denunciando a competencia desleal
Un sinal cos establecimentos hostaleiros de Fisterra

Continúa sendo a competencia desleal no sector da hostelería un dos seus grandes cancros internos. O fenómeno da "avalancha de señoras sobre os peregrinos e sobre os turistas" que chegan nos autobuses está a ser cada vez máis perigoso. Xa o vimos o pasado verán en Fisterra onde os hostaleiros cargan contra a "piratería". Pero é que establecimentos ilegais e prácticas de dubidosa lexitimidade seguen sendo habituais en vilas onde o turismo xa está consolidado.

Dende a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte APTCM veñen de presentar ante a inspección de Turismo unha denuncia na que se recollen datos de 8 actividades ilegais situados, precisamente, en Fisterra.

I é que nos últimos tempos os socios da entidade están a detectar non só que non diminúe a actividade ilegal, se non que aumenta significativamente. Concretamente, no caso de Fisterra esta situación é moito mais visible, e basta achegarse a esta localidade para darse conta de todo o negocio ilegal que se está desenvolvendo en torno aos peregrinos.

Ás portas do verán, e durante todo resto do ano, a entidade amosa a súa preocupación porque "a imaxe do noso sector tamén sae moi perxudicada xa que nos establecementos ilegais non se garanten ningún dos requisitos básicos en materia de hixiene, limpeza… por non falar da calidade do servizo".

Así, dende a APTCM aseguran que "estamos a canalizar denuncias dos nosos socios de xeito que para eles sexa anónima a denuncia, entendemos que este é un servizo máis que a nosa asociación ten que prestar aos seus socios". Entenden tamén que "a Inspección de Turismo non o vai a ter sinxelo xa que algunhas prácticas son complicadas de demostrar".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios