Domingo. 19.05.2024
El tiempo

APTCM ofrece a colaboración cos concellos para a promoción turística conxunta

APTCM ofrece a colaboración cos concellos para a promoción turística conxunta

A Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte, sabedora de que este ano a Xunta de Galicia non vai conceder bolsas para informadores turísticos, das cales se beneficiaron en anos anteriores moitos concellos do noso territorio, vén de poñerse en contacto cos mesmos, para poñerse á súa disposición e poder colaborar na posta en marcha de puntos de información turística.

Desde o sector consideran fundamental que desde os distintos Concellos se facilite información turística aos visitantes, non só de cada concello senón de toda a Costa da Morte. Para isto, de cara a este verán tamén estamos organizando unha acción formativa centrada nos recursos turísticos da Costa da Morte para que os informadores/as de cada concello, e tamén o propio sector, poida ofertar ao visitante unha información mais detallada de toda Costa da Morte. O obxectivo e alongar todo o posible a estanza dos turistas e dar a coñecer todos os nosos recursos.

O Punto de Información da APTCM

A asociación mantén aberta durante todo o ano unha oficina de información turística no Concello de Corcubión. Pola mesma pasaron durante o ano pasado mais de 10.000 turistas que recibiron información sobre toda a Costa da Morte.

Ao mesmo tempo, a oficina tamén funcionou como punto de recollida de información para as oficinas de turismo que así o solicitaron, a intención da APTCM é colaborar cos concellos en trasladar esta exitosa experiencia a outros lugares, aínda que sexa so en tempo de verán.

Reunión con "Factor Ocio"

Por outra banda, o vindeiro 7 de xuño, ás 17:00, na sede da entidade no Cárcere Vello de Corcubión, terá lugar unha reunión entre a empresa “Factor Ocio” e os establecementos de turismo rural da Costa da Morte. Isto é posible grazas ao convenio que ven de asinar Turgalicia con Factor Ocio, 1º Turoperador especializado en Turismo Rural, de Interior e de Natureza, polo que este se compromete a promocionar todos os produtos e servizos de Galicia mediante accións de promoción e de comunicación en mais de 8.000 axencias de viaxes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios