Venres. 29.03.2024
El tiempo

O surtido de gasolina do porto de Fisterra chega ao Parlamento

O surtido de gasolina do porto de Fisterra chega ao Parlamento
Imaxe do porto de Fisterra dende o mar

O BNG de Fisterra vén de trasladar ao Parlamento de Galicia a reivindicación do surtidor de gasolina do porto de Fisterra. Unha reivindicación que a Confraría de Mariñeiros de Fisterra leva pedindo moito tempo e ao que agora o BNG quere prestar a súa axuda para que se faga realidade a promesa que Portos de Galicia realizara no seu día.

A confraría considera que se trata "doutra dotación elemental negada a este porto e precisa para o desenvolvemento da actividade mariñeira de Fisterra, e que lle resta competitividade aos seus mariñeiros". E lembran tamén outras reivindicacións aínda non satisfeitas, como as protestas polo peche do centro de expedición de longueirón en Fisterra e a necesidade do contradique no porto.

Así, o BNG reclamará, por medio do deputado do BNG Daniel Rodas e representante nacionalista na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galiza, explicacións a Portos de Galiza e á Consellería do Mar, polo "motivo que leva a estes organismos a desagraviar ó Porto de Fisterra e ós seus profesionais, ós que se lles comprometeu a dotación dun surtidor de gasolina para as embarcacións do porto, cando ademáis a outros portos da comarca si se lles atendeu dita petición".

Cómpre lembrar que ademais de ser o de Fisterra un dos portos coa flota máis numerosa, a falta de surtidor está a causar un gasto importante, xa que obriga aos mariñeiros a comprar a gasolina nas gasolineiras a un prezo que practicamente dobra o bonificado, así coma de ter que transportala en garrafas cos seus vehículos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNg de Fisterra.

Comentarios