Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os cativos de Fisterra non paran neste Nadal

Os cativos de Fisterra non paran neste Nadal

A pasada fin de semana a lonxa de Fisterra foi escenario dunha obra de títeres o sábado e unha de teatro o domingo onde asistiron cada día preto de 180 persoas, entre nen@s, adolescentes e adultos.
O sábado coa compañía Titeres Cachirulo e o domingo con Caramuxo teatro coa obra Historia dunha semente onde o público pasou unha hora cargada de risas e aplausos.

Pero isto non é todo, os alumnos de 4º de infantil dos Colexios do municipio coñeceron o Telecentro municipal, no que tiveron a oportunidade de falar con Papá Noél e contarlle o ben que se portaron neste ano e os agasallos que anhelaban. A conversación foi a través dunha Telaconferencia na aula CEMIT da vila. Asistiron preto de 40 nenos.

Vindeiras citas de Nadal

E esta fin de semana as actividades no marco do Programa de Nadal de Fisterra, son destinados para maiores de 16 anos con dous talleres de elaboración de centros de mesa de Nadal en Fisterra e Sardiñeiro, durante o venres e sábado.
E o sábado ás 11 da mañá no salón de actos novo do Concello os pequenos disfrutarán dunha mañá de Contacontos de Nadal coa compañía Duendesico.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Fisterra.

Comentarios