Mércores. 05.08.2020
El tiempo

Menuda fin de semana en Fisterra

Menuda fin de semana en Fisterra

Fin de semana completa en Fisterra, con un pouco de todo. Facemos así unha viaxe polo Faro, imos preparando o Nadal e damos conta dalgún suceso.

A Artesanía invade o Faro

En vísperas da ponte da Constitución o faro de Fisterra non podía quedar baldeiro a espera dos miles de turistas que o van visitar. É por isto polo que todos os anos, nestas datas o lugar máis emblemático e simbólico de Galicia é testemuña dunha Mostra de Artesanía onde non falta de nada.

Encaixe de bolillos, coiro, cerámica, prata con esmaltes, cartón pedra, telar, talla de madeira, patchwork e complementos son, entre outras, a artesanía que podemos atopar no Faro da fin do Mundo.
A VII Mostra de Artesanía estará aberta do 3 ao 11 de decembro en horario de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 horas.

XVIII Concurso de postais de Nadal

Ademáis os [email protected] de primaria e da ESO reuníronse o sábado polo mañá no salón de actos do Concello para participar no XVIII Concurso de Postais de Nadal.

Atropelos

Por outra banda, esta fin de semana houbo dous atropelos na vila do Cristo. Dous veciños foron atropelados por sendos vehículos, sen demasiadas consecuencias.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios