Xoves. 19.09.2019
El tiempo

"Os fabulosos irmáns" foron presentados con moita expectación na Punta da Barca

"Os fabulosos irmáns" foron presentados con moita expectación na Punta da Barca
Olaia Sendon na punta da Barca Olaia Sendon na punta da Barca durante a premier

A figura de Ramón Caamaño foi determinante para que a directora, Olaia Sendón, decidira presentar o seu novo traballo na Punta da Barca de Muxía. "Os fabulosos irmáns" encádrase nun proxecto chamado Costa Defunta, que comezara coa curtametraxe "A casa de Lola de Andrés" e que a viguesa, afincada na Coruña, pretende finalizar cunha longametraxe.

A carpa con calefacción preparada polo concello na Punta da Barca, ao lado do Santuario, enchíuse de xentes achegadas non só dende a bisbarra, se non tamén das capitais galegas. Unha atmósfera ideal para trasladarnos a comezos de século.

Os fabulosos irmáns

Carpa para a premier dos Irmans da luz de Olaia Sendon na Barca-Muxia Carpa chea para a premier dos Irmans da luz de Olaia Sendon na Barca-Muxia

A idea do documental ficaba precisamente niso, en trasladarmos ás primeiras salas galegas de finais do século XIX e comezos do XX. Calquera bar ou salón público podía convertirse en sala de cine coa chegada do cine ambulante dos Ramón Caamaño e compañía, que coas súas voz e mailas imaxes proxectadas conseguían levar ao improvisado auditorio de viaxe.

Un xenial Gustavo Pernas Cova puña a voz en directo, dándolle un toque moi singular á sesión, reflectindo perfectamente onde a directora quería chegar. As difusas imaxes dos bares da época, daquelas antigas butacas dos cines da bisbarra, das vellas entradas... tentaban crear unha nostalxia que provocase as conversas sobre aqueles tempos; buscaban provocar nos maiores ese aquel que os levase a recordar aquelas vellas historias, e así compartilas co resto de xeracións presentes no evento (absolutamente todas).

Costa difunta

O proxecto que está a crear a directora viguesa comprende unha serie de experiencias onde a nosa bisbarra é a protagonista. "A casa de Lola de Andrés", a primeira obra do proxecto, é unha clara denuncia ante a destrución do noso litoral polo urbanismo irrespetuoso e atroz. Nesta segunda obra a artista olvida o papel de denuncia para trasladalo á mítica que encerran aqueles tempos.

Fonte

  • Redacción.

Comentarios