Os peques de Sardiñeiro, futuros cesteiros
13:01 28/04/17
Menudo Obradoiro de cestería que veñen de protagonizar os bravos alumnos de infantil e primaria do CEIP Areouta de Sardiñeiro. Que mellores mestres cesteiros que os eternos voluntarios Sven e Sole Méndez para trasladar o amor polas pequenas cousas, o amor polas tradicións, pola artesanía centenaria… ese amor galego que fixo que ficasen a desenvolver aquí as súas vidas.
Os cativos gozaron tecendo cada fío de vimbio, e os mestres quedaron abraiados coa paciencia das nenas e nenos que pasaron horas facendo cestos e cestos.
Sole e Sven, os eternos voluntarios, impartindo o curso de cestería
Novas relacionadas
- Marzo 2017: “Se prantamos, ao planeta axudamos”:
- Marzo 2017: O CEIP Areouta participa no proxecto O Mar na Escola.
- Maio 2015: Os peques de Sardiñeiro pintan o seu Arco da Vella.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).