Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os veciños de Fisterra piden a posta en funcionamento do Cemiterio do Cabo e a ordenanza da parada de buses

Os veciños de Fisterra piden a posta en funcionamento do Cemiterio do Cabo e a ordenanza da parada de buses

Continúa a Asociación de Veciños “Costa da Morte” dando voz a Fisterra e levando escritos ás administracións solicitando demandas tan necesarias como urxentes. A semana pasada esixía a finalización da Autovía (como tal e non como corredor) ata Fisterra, e hoxe recupera varias peticións relacionadas cos aparcamentos, o Cemiterio municipal e a estación de autobuses.

Cemiterio Municipal

Cemiterio de Cesar Portela no Cabo Fisterra Cemiterio de Cesar Portela no Cabo Fisterra

Xa o denunciaban en marzo de 2016, pero é que son xa case 18 anos sen rematar. O Cemiterio Municipal de fisterra, o polémico proxecto de César Portela (encadrado no marco do esquecido Plan Director do Cabo Fisterra), segue a medias, e este pasado Día de Defuntos serviu para recordalo. Dende a Asociación de Veciños lembran que cara ao ano 1926 iniciouse por parte do concello de Fisterra os primeiros trámites para a consecución do Cemiterio Municipal e 81 anos despois seguimos sen esta infraestructura.

A obra está a medias, e necesita un reformado por parte de Concello que incrementou o curso. Por iso, piden os Veciños a “terminación das obras do Cemiterio Municipal de Fisterra, e a aprobación a correspondencia ordenanza de uso para poñerse en servizo”.

O eterno caos da parada de buses de Fisterra

Parada de Bus de Fisetrra Parada de Bus de Fisterra

Non cabe dúbida ningunha de que o caos segue reinando na parada de buses de Fisterra, sobre todo en verán. Pero é que o lugar onde se atopa a Parada ou Estación de Autobuses é totalmente inadecuada por converterse, en moitos casos, nun obstáculo para a normal ou libre circulación dos vehículos pola rúa Federico Ávila á entrada ou saída do porto, á vez que se pon en perigo a integridade física dos usuarios ao momento de acceder aos autobuses e cando recollen as equipaxes. Unha zona que podería ser unha boa parada de taxis, pero nunca de autobuses.

Por iso, a Asociación considera que hai que cambiar de ubicación a estación, mesmo se hai que mercar un terreo de titularidade pública céntrico, para levar adiante esta necesaria obra.

Aparcamentos

E outro dos problemas é o do aparcamento, que enche a zona portuaria de vehículos cada fin de semana. Esta zona non dá abasto moitas veces e os visitantes ou veciños teñen que dar a volta e marchar. Por iso, sinalan que se acondicionen para aparcamento a zona de reencho realizadas fronte ao edificio de Casa do Mar de Fisterra, o cal estaba destinado á construción do novo Centro de Saúde, pero, que, finalmente, non se fixo realidade por non estar contemplado este tipo de infraestructura dentro dos usos portuarios.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios