Outra fornada de pequenos diplomados informáticos en Fisterra
 
          
    08:20 11/06/14 
             
Fisterra tivo o pasado luns 9 de xuño, o acto de clausura dos cursos de informática para nenos e nenas de 6 a 13 anos levados a cabo na Aula de Informática Municipal e no C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro. Foron un total de 60 rapaces os que participaron nestes cursos onde tiveron a oportunidade de aprender dende o manexo básico dun ordenador ata programas de ofimática, creación e edición de videos e retoque dixital. Os cursos foron impartidos pola formadora ocupacional do Concello de Fisterra Neli Cambeiro Otero.
A clausura celebrouse no salón de actos do Concello de Fisterra.
 
 
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
 
       
       
             
             
         
           
          