Para que serven os orzamentos municipais?
É xa un clásico nos Concellos da Costa da Morte isto de non ter aprobados os orzamentos ata que remate o ano. Temos visto mesmo sesións plenarias nas que se aproban orzamentos de 2 anos atrás. Pero esto non quere dicir que sexa algo positivo. En teoría, os orzamentos son para estudiar que investimentos se van facer aolongo do ano, polo que deberían estar aprobados mesmo antes de comece o curso.
En Fisterra, estes días están debatindo os Presupostos do 2012, algo que o BNG considera froito da "incapacidade do goberno local para elaborar os Presupostos de 2012 en tempo e forma". O seu voceiro Modesto Fraga, asegura que "non é de recibo que o principal documento de xestión de calquera administración pública minimamente responsable, como é a aprobación dos seus orzamentos anuais, se someta a debate plenario a mediados do mes de novembro, case a piques de rematar o ano en curso. Dá a impresión de que se vai realizar unha Memoria de execución do Orzamento e non un previsión de cómo e en qué se vai investir o diñeiro este ano".
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.