O Parlamento desbloquea a construción do novo Centro de Saúde de Fisterra

Oscar Insua e Encarna Amigo na Comisión de Pesca do Parlamento

Levou o BNG á Comisión 5ª Sanidade, Política Social e Emprego unha Proposición Non de Lei para instar á Xunta á construir un novo Centro de Saúde en Fisterra. E finalmente, tras unha inesperada trasnsacción de enmendas entre PP e BNG, a Comisión aprobou por unanimidade instar á Xunta que impuse as xestións necesarias para a construción do novo edificio, que encargue a redacción do proxecto “tan pronto o Concello ceda a parcela axeitada” (o texto aprobado trala emenda do PP), e que dote nos orzamentos de 2026 o investimento suficiente para que sexa unha realidade.

”Por fin unha alegría aos veciños e veciñas de Fisterra”, resaltou o deputado corcubionés Oscar Insua, despois dun axitado debate coa deputada popular Encarna Amigo.

20 anos de espera

“Hai máis de 20 anos que levan esperando unha nova infraestrutura sanitaria”, lembrou Óscar Insua na súa intervención inicial (podemos ver as intervencións na Mediateca do Parlamento).

Insua fixo un repaso das posibles ubicacións que se levan valorando nestes 20 anos, e que teñen ofrecido os diferentes grupos de goberno: ao lado da Confraría, ao carón da parcela da Igrexa Santa María das Areas; a praza colindante ao Concello, ou a zona de San Roque (como propón o grupo nacionalista, chegando a pedir incluso a reestruturación do actual e esfolado edificio da Casa do Mar (algo que segundo o PP “os técnicos do Sergas concluíron que iso non era viable nin técnica nin economicamente”.

Insua recordou aquela presentación de 2011 con Pilar Farjas anunciando un investimento de 1,5 millóns de euros para instalar o novo Centro de Saúde na zona portuaria… “Todo propaganda do PP”, lamentou Insua.

O PP: ”O problema foi falta de vontade do goberno de Fisterra”

Tomou a palabra a popular Encarna Amigo, que pediu que o BNG aprobase a súa enmenda na que engaden a condición de que o Concello ofreza a parcela para construilo. Porque Amigo sinalou ao anterior grupo de goberno de Alternativa como o gran culpable da falta desta infraestrutura, obviando que apenas estiveron 2 anos no goberno.

”O anterior grupo de goberno non foi quen de propoñerlle á Xunta unha parcela en Fisterre”, asegurou, acusando o retraso secular “ás reticencias municipais a emprazar o centro de saúde novo nun entorno diferente ao do actual, en pleno núcleo urbano”.

“Sen parcela non hai centro de saúde posible”, asegurou Encarna Amigo, quen apuntou que “cando ese terreo se poña a disposición da Xunta haberá un novo centro de saúde, que triplicará o espazo do actual, pasando de 345 a máis de 1.000 metros cadrados, con cinco consultas para adultos, unha de pediatría e unha sala de xuntas para o persoal”, dixo Amigo, que apoiou no Parlamento galego que a Xunta dote nos vindeiros orzamentos para o ano 2026 dunha partida orzamentaria suficiente que permita impulsar este centro de atención primaria

”Pero señora Amigo, cantas parcelas se lle ofreceu á Consellería en todos estes anos?”, preguntou Insua antes de aceptar a transacción da enmenda, para poder así desbloquear esta eiva xeracional.

Historial do Centro de Saúde de Fisterra