Martes. 08.10.2024
El tiempo

17 anos de promesas pero Fisterra segue sen novo Centro de Saúde

Casa do Mar-Centro de Saude de Fisterra
A Casa do Mar é o actual Centro de Saúde de Fisterra
17 anos de promesas pero Fisterra segue sen novo Centro de Saúde

Fai moito tempo que a Clínica da Casa do Mar non cumpre os requisitos básicos para ofrecer un servizo sanitario de calidade. Unha sala de espera ateigada, sen ventilación adecuada, sen consultas ben distribuídas, sen posibilidade de ampliar os servizos por limitación de espazo e con acceso problemático para persoas con dificultades para camiñar ou en cadeiras de rodas, xa que está no segundo andar e sen ascensor. Ademais, a zona de estacionamento é moi limitada e o acceso para ambulancias é, en moitos casos, difícil.

Por isto fai moito tempo que é necesaria a construción dun novo Centro de Saíde en Fisterra. Xa 2003 a Xunta o prometía. Pero daquel non foi posible executalo porque o Concello non aprobara o Plan Xeral de Ordenación Municipal e, polo tanto, non tiña terreos cualificados adecuados para dito edificio. 8 anos despois, en 2011, a entón Conselleira de Sanidade, señora Pilar Fajas, comunicáballe á Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte", que “a Xunta estaba agardando a que o Concello de Fisterra facilitase o terreo para emprender o traballo do Centro de Saúde”.

Agora 17 anos despois, e xa co PXOM aprobado, despois de moitos atrancos, a Asociación de Veciños solicita ao Concello que ofrece á Consellería eses terreos para a construción do novo equipamento.

Comentarios