venres. 06.12.2024
El tiempo

O goberno municipal Fisterra solicita formalmente un novo Centro de Saúde

Visita da Conselleira de Sanidade a Fisterra en 2013 para avanzar o proxecto do Centro de Saúde aprobado en 2011
O goberno municipal Fisterra solicita formalmente un novo Centro de Saúde

A alcaldesa Áurea Domínguez Sisto reúnese hoxe co Xerente da Área Sanitaria Integrada da Coruña e Cee, cun obxectivo concreto: falar da construción dun novo Centro de Saúde para Fisterra.

Demanda histórica a de renovar a Casa do Mar, un edificio que nin tan sequera conta cos accesos necesarios e imprescindibles. Demanda que parecía solventarse en 2011 coa aprobación dun proxecto de centro de saúde, pero que quedou noutra promesa incumprida do goberno popular da Xunta de Galicia

“O municipio de Fisterra segue a contar co Centro de Saúde que ten as peores características de toda a área sanitaria da Coruña e, case nos atrevemos a dicir, que de toda a comunidade autónoma. É indignante ver como os técnicos das ambulancias non poden sacar unha padiola por falta de accesos ou ver que unha persoa minusválida ou con problemas de mobilidade ten moi complicado poder acceder ao centro de saúde con normalidade” apuntan de Alternativa dos Veciños.
“Parece incrible que logo de década e décadas de promesas por arte da Xunta de Galicia e tamén dos diferentes gobernos de turno que tivemos no Concello de Fisterra, aínda a dia de hoxe sigamos sen contar cun novo Centro de Saúde no municipio".

Máis novas

 

Comentarios