Por fin se pon en marcha o novo Centro de Saúde de Fisterra

09:47 19/01/11


Servizos
O Servizo Galego de Saúde destinará 1,5 millóns de euros á edificación do centro, cuxo plan funcional inclúe 4 consultas de medicina xeral; 4 de enfermería; 1 sala polivalente; 1 sala de toma de mostras; 1 sala de técnicas; 1 consulta de pediatría; e 1 consulta de enfermería pediátrica. A finalidade deste acordo é mellorar a cobertura asistencial da poboación de referencia, prestando especial atención aos requirimentos urxentes que poidan xurdir no eido do porto do municipio. O que non os ofrecen dende os organismos públicos son os prazos de execución do proxecto polo que non podemos avanzar cando comezará a funcionar o Centro.Apuntes sobre o catálogo farmacéutico
De paso, Farjas defendeu medidas de xestión como a "racionalización do gasto farmacéutico que permiten un aforro que pode ser reinvestido en poñer a disposición dos cidadáns infraestruturas modernas, con capacidade de resolución de alto nivel de calidade e no lugar máis próximo ao paciente".Novas relacionadas
- O Centro de Saúde de Fisterra poderá ubicarse no porto.
- Bailando e compoñendo en galego e ca Bocaberta.
- O HVdX criba o cancro de mama e festexa o Nadal con máis de 200 cativos.
- Historias Nómades de Serxio Iglesias: Smoke.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.