Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Piden a Declaración de Ben de Interese Cultural do Monumento ao Emigrante de Fisterra para evitar o seu cambio de ubicación

Monumento ao Emigrante de Fisterra
O Monumento ao Emigrante de Fisterra
Piden a Declaración de Ben de Interese Cultural do Monumento ao Emigrante de Fisterra para evitar o seu cambio de ubicación

Inaugurado en 1993, o Monumento ao Emigrante de Fisterra é un dos elementos máis icónicos da vila do Cristo. Situado na entrada do porto de Fisterra, na confluencia do Paseo da Ribeira, o Paseo de Calafigueira e a rúa Federicdo Ávila, é o monumento que simbolicamente recibe todos os que chegan ao porto de fisterrán.

A Asociación de Veciños Costa da Morte que preside Fernando Carrillo, o mesmo que inauguraba como alcalde o monumento, pide agora que se declare Ben de Interese Cultural, “ante o perigo que corre este patrimonio monumental desde a perspectiva de plantexamentos e decisións políticas totalmente inxustificadas, así como como unha afrenta gratuíta a todo o colectivo de inmigrantes de Fisterra”.

O caso é que o convenio asinado entre o Concello e Portos de Galicia, inclúe a modificación da súa ubicación, propoñendo a zona de debaixo do Castelo de San Carlos como novo emprazamento, unha zona de Costas.

Comentarios