Piden un radar para a recta da Anchoa
Moito se ten mellorado en materia de seguridade na Recta da Anchoa no último ano e medio. Tralo tráxico atropelo acontecido en xuño de 2023, e as mobilizacións veciñais, a Anchoa conseguiu a redución de velocidade a 50km/h e este verán a instalación de tres paos de peóns, na Anchoa lamentan seguir sufrindo que moitos condutores “desaprensivos e imprudente” seguen cometendo acción que afectan á seguridade.
Por iso, dende a Asociación de Veciños “Costa dá Morte”, solicitan ao Concello que inicie os trámites necesarios ante a administración autonómica para que se instale un control da velocidade mediante radar permanente na Avda. da Anchoa, como medida disuasoria.
Contedor de aceite
A entidade pide tamén un colector para a recollida dos residuos de aceite doméstico na Curva do Carmelo, así como a posibillidade de facelo noutros puntos do concello