Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Anchoa, a 50km/h

IMG-20230807-WA0007_edit_21787640718027
A Anchoa, a 50km/h

Esta mañá operarios da Xunta instalaban os sinais de 50 km/h como límite de velocidade, ademais de prohibir os adiantamentos, na recta da Anchoa. Unha das peticións da veciñanza dende hai 20 anos que se acentuaba os pasados meses tras un novo atropelo mortal na estrada fisterrá.

Con todo, "é un logro e demostra que hai petar nas portas correspondentes", sinalan dende o grupo de goberno de Alternativa dos Veciños tras ter acadado o pasado mes o compromiso da Xunta, peto "non hai nada feito", no sentido de que "os pasos de peóns son esenciais" para mellor a seguridade viaria.

O grupo de goberno seguirá traballando para conseguir os pasos así como para conseguir as beirarrúas, paso fundamental para que a recta sexa considerada como tramo urbano no plano urbanístico. Unha obra que sería millonaria polo que non vai ser inmediato.

"O límite e que non se poida adiantar é positivo pero imos seguir tendo problemas para cruzar", sinalan dende a Asoc. De Veciños. "Se cadra podemos intentar cruzar portando in stop", bromean.

Comentarios