Luns. 29.04.2024
El tiempo

O novo atropelo mortal na Anchoa mobiliza a veciñanza pola mellora da seguridade

  • "O que non nos gusta é ter que coller o coche para cruzar á estrada, xa que moitas veces é a mellor forma de facelo"
Pancartas Atropelo Fisterra Anchoa
Pancartas na Anchoa
O novo atropelo mortal na Anchoa mobiliza a veciñanza pola mellora da seguridade

Esta pasada tarde de domingo un novo atropelo acontecido na recta da Anchoa, en Fisterra, acababa coa vida dun veciño da zona. O coñecido como "O Mouro de Denle" perdía a vida tras un día ingresado no Hospital. 

Unha nova traxedia que se suma ás ducias de sucesos acontecidos nesa estrada, ante a que a veciñanza convoca unha mobilización. Así, este martes 6 de xuño, ás 12:00h, a Asociación Anchoa convoca unha concentración diante da Taberneira.

"O accidente deste 4 de xuño súmase a outros moitos anteriores, e desgrazadamente nesta ocasión temos que lamentar unha vítima mortal, feito tremendamente doloroso, que nos parece que podería terse evitado se a seguridade na recta fora a axeitada. E ó peor é que se esto non cambia sabemos que non vai ser a última", lamentan.

Contexto

"Nos últimos anos, o noso barrio sufriu un gran cambio coa chegada dunha edificación masiva. A poboación da nosa recta cada ano é maior, especialmente durante a tempada estival. Os edificios fantasmais cobran vida nos meses de verán, sendo moitos deles segundas residencias ou pisos de aluguer turístico", explica a entidade dandolle un contexto á convocatoria.

"Iso tradúcese en que os veciños temos que estar, moitas veces, ate 15 minutos esperando a que haxa un oco entre coche e coche para poder cruzar a estrada", sinalan facendo fincapé no risco que corren nen@s e maiores. "O que non nos gusta é ter que coller o coche para cruzar á estrada, xa que moitas veces é a mellor forma de facelo", denuncian.

Atropelo Fisterra Anchoa

Proceso

"Cada 4 anos, a Anchoa recibe unha boa cantidade de promesas electorais de melloras con beirarrúas, pasos de peóns, carril bici, parques, etc. Promesas que quedan en fume. Máis de nada nos sirve tanto benestar se ao final non temos o máis importante, tranquilidade e seguridade viaria".

Conscientes de que "non toda a culpa é do concello, xa que a estrada pertence á Xunta", lembran que xa mantiveron unha reunión ata coa Consellería. "A contestación deste organismo foi que para poñer os pasos de peóns a recta ten que estar
considerada como un tramo urbano, o límite da velocidade ten estar a 50km/h (actualmente é de 70km/h, límite que apenas se cumpre) e é preciso poñer beirarrúas".


"Nas últimas semanas, en cidades como A Coruña pintaron uns macro pasos de peóns. ¿Non lle sobraría un pouquiño de pintura que poidan destinar ó noso barrio?", pregúntanse dende a Asociacón coa retranca fisterrá de serie.

Comentarios