Arrincaron as obras para instalar os pasos de peóns na Anchoa

Onte comezaron as obras de adecuación na Avenida da Anchoa para a instalación dos pasos de peóns tan demandados por Fisterra. Son un total de tres pasos de peóns que discurrirán en diferentes puntos ao longo da estrada AC-455.
Unhas obras tremendamente demandandas, que sacaron ao pobo á rúa hai xusto un ano e que despois a implicación municipal foi conseguindo fitos.
Esta mesma mañá de xoves 27 de xuño, achegouse unha comitiva institucional comandada pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto á diretora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, e a alcaldesa fisterrá Áurea Domínguez.
Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Cernadas S.L. por un investimento autonómico de máis de 48.000 euros, consisten na implantación de tres pasos de peóns nesta vía autonómica, nos puntos quilométricos 11+380, 11+870 e 12+490.
Os traballos de habilitación do novo paso de peóns no quilómetro 11+380, terán en conta a existencia de beirarrúas elevadas con bordos pavimentadas con baldosa
hidráulica, polo que a solución a executar consiste en replicar dita pavimentación, implantado vaos nas mesmas para o acceso ao paso de peóns e mantendo ademais da calzada unha beiravía mínima de 50 centímetros. Neste caso, as actuacións complementarse coa materialización dun vao para vehículos correspondente a unha
entrada, a pavimentar con formigón.
No caso do novo paso de peóns no punto quilométrico 11+870, ao estar a beirarrúa ao mesmo nivel que a calzada, se executará mediante pavimento de formigón, tal e como existe nas marxes da calzada, e incluíndo o pavimento sinalizador.