Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Anchoa mobilízase pola seguridade na súa recta

Pola seguridade na recta da Anchoa
A Anchoa mobilízase pola seguridade na súa recta

Amencía a recta da Anchoa con pancartas crúas como “A Xunta atropélanos”, “Máis seguridade, menos excusas” ou “Cantas mortes fan falta?” para tomar medidas pola seguridade peonil. O atropelo do sábado que acababa coa vida de Pepe de Denle, provoca unha nova mobilización dunha veciñanza farta de promesas, que vén como os coches pasan voando por diante das súas casas, e como mesmo recoñecen que teñen que coller o coche para cruzar a estrada para ir mercar o pan ou ir á farmacia.

Centos de veciños déronse cita esta mañá diante da Taberneira para, primeiramente solidarizarse cos amanigos e a familia do finado Pepe, e para que dunha vez por todas as administracións tomen medidas tan sinxelas como reducir a velocidade a 50km/h e poñer beirarrúas así como varios pasos de peóns ao longo da recta

A problemática é a de sempre. Despois da terrible urbanización de toda a zona no marco dunha política especulativa sen planificación ningunha, a día de hoxe estamos situados nun lugar que non é considerado “zona urbana” polo que a Xunta asegura que non pode tomar medidas coma esa.

Sen ansia de buscar culpables e si solucións, a veciñanza espera non ter que volver manifestarse ante un suceso coma este, pero aseguran que seguirán en loita ata que non se tomen medidas.

Mais seguridade na Anchoa

Novas relacionadas

Comentarios