mércores. 30.04.2025
El tiempo

Portos anuncia a demandada reposición da cuberta das terrazas da praza da Ribeira de Fisterra

A hostaleria de Fisterra leva anos denunciando o mal estado da cuberta das terrazas da praza da Ribeira
A hostaleria de Fisterra leva anos denunciando o mal estado da cuberta das terrazas da praza da Ribeira
Portos anuncia a demandada reposición da cuberta das terrazas da praza da Ribeira de Fisterra

Hai anos que a hostalería leva denunciando as mil deficiencias do porto de Fisterra. Unha cuberta absolutamente esfolada, problemas co saneamento, carencias urbanísticas… e todo pagando as taxas máis caras do país.

Por parece que por fin Portos de Galicia, vén de recoller as necesidades da vila e como lle trasladou ao patrón maior da Confraría de Pescadores de Fisterra, Joaquín Fábregas, e representantes do pósito, vai realizar importantes melloras.

Reunión Fisterra con Conselleria

Unha das máis importantes é a licitación das obras de reposición da cuberta das terrazas da praza da Ribeira. As obras consitirán na reposición da actual cuberta para evitar a filtración de humidades e o acondicionamento dos elementos metálicos do conxunto da envolvente, dado o estado de corrosión en que xera a súa forte exposición ao ambiente mariño.

Así mesmo informaron tamén do acondicionamento do edificio dos departamentos, os “chabolos” dos armadores.
A tramitación de ambos proxectos atópase, en todo caso, aínda en fase de estudo técnico das ofertas e a previsión é que poida estar adxudicada nos vindeiros meses.

Ademais executarase unha nova rede soterrada de evacuación das augas pluviais e substituiranse os canlóns e baixantes, e aseguraron que intentarán descubrir de onde veñen as filtracións que hai tamén no edificio da lonxa. O ente autonómico conta dun orzamento de 332.000 para proceder á execución das obras que se realizarán durante o ano en curso.

Novas relacionadas

Comentarios