Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os president@s das Comisións de Festas de Fisterra piden que se manteñan os presupostos para Cultura

Festas de Fisterra 2023
Os president@s das Comisións de Festas de Fisterra piden que se manteñan os presupostos para Cultura

Os Presidentes e presidentas das Comisións de Festas de Fisterra (as de San Vicente de Duio, da Semana Santa e o Carme de Fisterra, o do San Xoán de Sardiñeiro, do Carme de Sardiñeiro, e a Comisión do Buen Suceso) veñen de asinar un escrito solicitando que se manteñan os presupostos municipais para axudar a manter activas as festas populares, ante as dificultades que se atopan cada vez máis.

“A cultura é vida”, consideran. “Cada vez nos costa máis xuntar os cartos e facer as festas; o coste da vida, a suba de prezos, fáinolo aínda máis difícil, pero temos un compromiso co noso pobo e coa nosa xente”.

Escrito conxunto

Nós, os presidentes das Comisións de festas de Fisterra queremos facer un chamamento e expoñer as nosas dificultades para facer as nosas verbenas. Detrás de cada unha das nosas festas hai un longo traballo durante todo o ano, non paramos dunha data a outra porque cada euro conta. Intentamos facer a festa para o disfrute dos nosos nenos, os máis novos, maiores…

A nosa maior satisfacción é ver eses días o campo cheo de xentiña que ao mellornin se ben en todo o ano contando un conto, anécdotas, ou bailando coas orquestras.

Somos conscientes asimesmo dos tempos que corren, das necesidades da xente, das familias, cada un dá o que pode!

Por iso, temos un desexo, un desexo conxunto:
Que as administracións públicas, o noso concello e outros organismos manteñan os presupostos para cultura e se incrementen un pouco ano a ano, porque cada vez nos costa máis facer as festas, cada vez as cousas están máis caras (a luz, o alugueiro das carpas, os xogos, as orquestras e un logo etc).

Queremos dicir que as nosas festas son cultura, son reunión, son disfrute, son VIDA!

Novas relacionadas

Comentarios