Mércores. 04.08.2021
El tiempo

O primeiro servizo de carsharing rural 100% eléctrico, no Semáfoto de Fisterra

Huynday carsharing Hotel Semaforo Fisterra 3
O primeiro servizo de carsharing rural 100% eléctrico, no Semáfoto de Fisterra
Presentou esta semana Hyundai Motor España no Hotel O Semáforo de Fisterra unha iniciativa pioneira en España. O VIVE é o primeiro servizo de carsharing rural 100% eléctrico para facilitar a mobilidade nas zonas rurais. Unha alternativa sostible que propón compartir un coche eléctrico, adaptándose ás necesidades dos clientes do hotel da fin da terra.

Deste xeito, os clientes terán á súa disposición un Hyundai KONA 100% eléctrico que lles permitirá desprazarse facilmente para coñecer a fantástica contorna.

Huynday carsharing Hotel Semaforo Fisterra 2

Jesús Picallo, Director Xerente do Hotel destacou a “importancia deste servizo para os peregrinos nacionais e internacionais que chegan facendo o Camiño de Santiago a pé, e que así poderán coñecer fácilmente os alrededores”; Ramón Seijas Pérez, Conselleiro Delegado de Hyupersa, recoñeceu o éxito desta iniciativa “en dar mobilidade a zonas con poboacións reducidas pero de gran atractivo turístico e, sobre todo, de forma sostenible”. Falou tamén Francisco Zabaleta Díaz, Xerente de Hyupersa Finisterre Motor, que tamén ve unha oportunidade “para explorar novas formas de mobilidade, exercer un labor de concienciación sobre a importancia de utilizar coches eléctricos e quitar o medo da xente a estas novas tecnoloxías”.

A oferta chega do concesionario Hyupersa-Fisterra, con instalacións na Coruña e Ferrol, e o usuario pode reservar e desbloquear o vehículo a través da App Vive.

Huynday carsharing Hotel Semaforo Fisterra 1

Novas relacionadas

comentarios