A rúa Real e a Praza da Constitución de Fisterra volven ser peonís

Unha vez rematadas as obras do Mercado Cultural, a veciñanza de Fisterra xa pode gozar dun casco vello máis peonil. O Concello vén de reactivar a ordenanza municipal para fixar como zona peonil a rúa Arasolis, Praza da Constitución e rúa Real, quedando activado ademais a partir do luns, 7 de abril, o sistema de videovixilancia.
Deste xeito, queda restrinxido o acceso motorizado de 13:30 a 06:00h, excepto os martes e venres que será de 15:30 a 06:00h.
A veciñanza así o pide
A posta en marcha da iniciativa chega xunto á par da solicitude da Asociación de Veciños Costa da Morte, que considera que "co inicio da tempada turística estival faise imprescindible e urxente a recuperación desta zona peonil dentro do proceso de humanización do centro histórico da vila, por canto permite aos veciños e visitantes o gozar como lugar de encontro, de paseo e de recreo para nuños e
maiores sen o risco de sufrir un atropelo e evitando que eses lugares aparcamentos, todo o cal conleva á revitación da actividade comercial e, especialmente, do sector turístico e hostaleiro".
Lembran que forman parte do Camiño Xacobeo, e que debe prevalecer o carácter peonil do casco, así como as molestias e o perigo xerado estes meses por coches e furgonetas ao pasar pola estreita rúa. "As persoas con coches de nenos ou as persoas con cadeiras de rodas venllas canutas para apartarse e non ser atropeladas, do mesmo xeito que as que levan o carro da compra, pero a maior preocupación é que calquera día pódese producir unha desgraza (despois non hai lugar para as lamentacións cando isto advertiuse), polo atropelo dun transeúnte e,en especial, dun neno ao soltarse da man dos seus proxenitores", explican.
Critican a "contaminación acústica que non deixa descansar aos veciños, coa consecuente perda da calidade de vida, a vez que son un
perigo latente para os usuarios das terrazas dos restaurantes, cafés e bares instalados nestas rúas e autorizados polo Concello, co pago das taxas correspondentes, xa que como o condutor dun deses vehículos perda o control pode causar danos irreparables ás persoas que nelas atópense como xa sucedeu noutros lugares, razón pola que o Concello de Fisterra debe asumir a súa responsabilidade de velar pola seguridade dos cidadáns".
Sinalan tamén "que o paso dos vehículos está a causar danos ao pavimento destas rúas xa que co seu peso rompen con frecuencia as laxas de pedra que teñen que ser repostas co custo económico para o Concello", e fan unha lembranza importante: "No programa electoral das candidaturas que se presentaron nas últimas eleccións municipais en ningún caso propoñían a supresión do proceso de humanización do centro histórico e, por tanto, recoñecían tacitamente os efectos positivos da peonalización da rúa Real e da praza
da Constitución, polo que unha vez terminadas as obras do Mercado Cultural débese restituír a peonalización nestes viais, tal e como
estaba regulado".