mércores. 22.10.2025
El tiempo

A reforma da cuberta dos “choios” do porto estará lista antes da primavera

Cuberta Porto de Fisterra
A reforma da cuberta dos “choios” do porto estará lista antes da primavera

A Consellería do Mar prevé ter rematados os traballos de reposición da cuberta e acondicionamento do edificio dos departamentos para usuarios do porto de Fisterra na próxima primavera. Así o comunicou a titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, nunha visita ao porto fisterrán, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, entidade promotora da actuación, José Antonio Álvarez.

O pasado 13 aprobouse da adxudicación das obras de mellora do edificio de departamentos, coñecidos como os "choios", cun orzamento de 320.000 euros, IVE incluído.

Os traballos, que precisarán que os departamentos estean baleiros, consistirán na reposición da actual cuberta para evitar a filtración de humidades e o acondicionamento dos elementos metálicos do conxunto da envolvente, dado o estado de corrosión en que xera a súa forte exposición ao ambiente mariño. Ademais executarase unha nova rede soterrada de evacuación das augas pluviais e substituiranse os canlóns e baixantes.

O prazo de execución dos traballos, unha vez iniciada a obra, será de 5 meses e con esta actuación Portos de Galicia mellorará as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade no porto de Fisterra, recuperando a estanquidade nos locais dos que dispoñen para almacenamento de pertreitos.

Para outra quedará a demandada renovación da cuberta das terrazas.

Comentarios