Roberto Traba presenta o seu novo Itinerario de Fisterranía


Unha alegría ver que os nosos poetas sacan adiante os seus proxectos literarios. E máis se falamos dun colaborador da casa. O bo de Roberto Traba Velay publica un novo libro de poemas, “Itinerario. Versos dos días sen xeito”. Farao este mércores 23 de marzo ás 20:00h no Salón de Actos do Concello de Fisterra, moi ben acompañado.
Como non podería ser doutro xeito, a “Fisterranía” é a protagonista do libro. O seu compañeiro poeta Modesto Fraga fai o prólogo, que valora que “A poesía é o gran milagre do mundo” en pleno século XX. “Os poemas que aquí asoman á fresca coma ondas salgadas do mar fisterrán -ora mainas, ora embravecidas- posúen o embriagador aroma do salitre, os ecos da soidade, as evocacións que provoca o tempus fugit, o desexo e a paixón da adolescencia e da madurez, o itinerario íntimo da vida, en definitiva”, sinala Modesto ao seu amigo. Describe o libro dende a “delicadeza dun ourive constrúe Roberto, con ritmo melódico e pausado, a arquitectura magna deste seu poemario tomando como punto de partida dous elementos certamente novidosos e de indubidable valor, literariamente falando”.
Desta volta veremos os seus versos feitos papel. Esperemos ver nun futuro non lonxano as historias do Valente de Fisterra na novela “Liberdade ou Morte” tamén no formato para as que son concebidas.
Un exemplo
Por un furado xordo avanza a soidade,
como un mar de liñas onduladas,
de blandas inercias e areas movedizas,
de ecos deitados nos ollos con sono infinito.
A soidade extende todo o seu máis profundo,
acorrala o silencio con frescura de asubío,
penetra intensamente nas horas sobre o tempo,
con esencia de pedra e monumento
incorpóreo e sen materia que afirma a tristura.
Eu noto o seu tacto imposible de verde lonxanía,
mestura de humidade e borraxeira,
de música calada e sombra sen recordo,
construindo no espacio a súa tea de araña
viaxando da lámpada ao armario, caendo na alfombra,
e con quietude que asombra traspasando a fiestra
e invadindo o campanario da vella igrexa fria que vexo alá no fondo.
Así é a soidade, constante e sen fatiga,
que nunca desemboca como unha liña recta,
presente no orballo e máis na claridade,
como un sentimento pintado de feridas,
como unha estalactita gota a gota convertida
en paso de tempo a forza de silencios.
A novela “Liberdade ou morte! Aventuras dun valente fisterrán e unha estanqueira corcubionesa” de Roberto Traba Velay por capítulos
- Capítulo 1: Liberdade ou morte! Aventuras dun valente fisterrán e unha estanqueira corcubionesa.
- Capítulo 2: Liberdade ou Morte (II).
- Capítulo 3: Liberdade ou Morte (III).
- Capítulo 4: Liberdade ou Morte (IV).
- Capítulo 5: Liberdade ou morte (V).
- Capítulo 6 e 7: Liberdade ou Morte (VI e VII).
- Capítulos 8: Liberdade ou morte (VIII).
- Capítulos 9 e 10: Liberdade ou Morte (IX e X)
- Capítulo 11: Liberdade ou morte (XI).
- Capítulo 12: Liberdade ou morte (XI).
- Capítulo 13: Liberdade ou morte (XIII).
- Capítulo 14: Liberdade ou Morte (XIV).
- Capítulo 15: Liberdade e morte (XV).
- Capítulo 16: Liberdade ou morte (XVI).
- Capítulo 17: Liberdade ou morte (XVII).
- Capítulo 18: Liberdade ou morte (XVIII).
- Capítulo 19: Liberdade ou Morte (XIX).
- Un resumo dos primeiros 18 capítulos da novela.
- Capítlulo 20: Liderdade ou Morte (XX).
- Capítulo 21: Liberdade ou morte (XXI).
- Capítulo 22: Liberdade ou morte (XXII).
- Capítulo 23: Liberdade ou morte (XXIII).
- Capítulo 24: Liberdade ou morte (XXIV).
- Capítulo 25: Liberdade ou Morte (XXV).
- Capítulo 26: Liberdade ou morte (XXVI).
- Capítulo 27: Liberdade ou Morte (XXVII).
- Capítulo 28: Liberdade ou morte (XXVIII): Rumbo a Camariñas.
- Capítulo 29: Liberdade ou morte (XXIX): A travesía.
- Capítulo 30: Liberdade ou Morte (XXX): En Lires.
- Capítulo 31: Liberdade ou Morte (XXXI)- Agochados en Lourido.
- Capítulo 32: Liberdade ou morte (XXXI) – Rumbo a Camariñas.
- Capítulo 33: Liberdade ou Morte (XXXIII) – Cousas inesperadas.
- Capítulo 34: Liberdade ou Morte (XXXIV) – O Desembarco de Camariñas.
- Capítulo 35: Liberdade ou Morte (XXXV) – Conversas de noite nunha tasca de Camariñas.
- Capítulo 36: Liberdade ou Morte (XXXVI) – Bicos na Rúa do Bico e reparto de bacallau.
- Capítulo 37: Liberdade ou Morte (XXXVII) – De Camariñas a Muxía.