Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Se prantamos, ao planeta axudamos”

“Se prantamos, ao planeta axudamos”
Xornada de Educacion Ambiental do Distrito Forestal V co CEIP Areouta de Sardineiro Xornada de Educacion Ambiental do Distrito Forestal V co CEIP Areouta de Sardiñeiro Prantando castineiros no Monte do Cabo Prantando castiñeiros no Monte do Cabo

Xa estivemos esta semana sementando nos nosos pequenos unha mensaxe de sensibilidade, respecto e amor pola nosa natureza. Fixémolo cos rapaces do CEIP de Zas gracias ao bo facer dos voluntarios da Asociación Mar de Fábula, e sobre todo á inciativa de varios Axentes medioambientais do Distrito Forestal V Fisterra. Un Distrito que parece convencido de que a prevención comeza por abaixo, pola educación, e ademais de charlas polos coles, tamén organizan estas saídas naturais.

Con este lema do “Se prantamos, ao planeta axudamos”, membros do Distrito acompañaron a 40 nen@s de infantil e primaria do CEIP Areouta de Sardiñeiro nunha nova xornada de educación ambiental.

Prantaron castiñeiros no Monte do Cabo Fisterra, antes de dar un bo paseo polo mítico Promontorio Nerium, vendo os traballos de sementación que leva desenvolto o Distrito con outros coles da zona, como o realizado o pasado martes cos rapaces do Colexio Nosa Señora do Carme.

 

“Contra o lixo sen tregua loitaremos”

Unha sesión que fía moi ben cas liñas ambientais do cole. “Contra o lixo sen tregua loitaremos” ou “Con valentía e audacia sempre venceremos” son habituais no día a día deste pequeno pero cheo de cor centro de ensino.

Fantásticas ademais estas iniciativas dos Axentes medioambientais do Distrito Forestal comarcal, que conseguen achegar os ritmos da natureza ás aulas. Un xeito inmellorable, tocando coas mans, de aprender a respectar o noso contorno e de aprender a valorar o noso patrimonio natural.

Un Bosque Atlántico no fin do Camiño

A proposta que se está desenvolvendo liga coa idea de ir eliminando os piñeiros que toman o monte do Cabo, repoboando con especies autóctonas (castiñeiros, carballos, bidueiros...) . "É o bonito que pode ser acabar o Camiño nun verdadeiro bosque Atlántico?", pregúntanse moitos. Podería ser unha atracción turística en si mesma, e os primeiros que están facendo algo por velo, son os nosos pequenos.

  O Distrito Forestal V prantando castineiros cos alumnos do CEIP Areouta de Sardineiro O Distrito Forestal V prantando castiñeiros cos alumnos do CEIP Areouta de Sardineiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios