Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un setembro de arte e blues en Fisterra

Cartel_Desenfoca_Fisterra copia
Cartel_Desenfoca_Fisterra copia
Un setembro de arte e blues en Fisterra

Volve a cultura a Fisterra, con dúas propostas singulares para este mes de setembro.
Xa o venres 3 ás 19:00h na Casa do Concello, a Fundación DIDAC presenta "Visións inéditas", un proxecto comisariado por Performa S. Coop. Galega que ten un apoio do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A partir de catro pezas audiovisuais realizadas por Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza, Visións inéditas propón unha mirada expandida a diferentes personalidades que conforman a cultura contemporánea galega.

Desenfocar

A Performa S.Coop. Galega atraca esta fin de semana do 4 e 5 de setembro na vila do Cristo para traer o Festival “Des-enfocar Fisterra”. Diferentes espazos acollerán este proxecto cultural diverso, formado por un conxunto de accións artísticas, poéticas e de posta en valor do patrimonio da Costa da Morte.

Artistas, arquitectos, escritores e persoas relacionadas co ámbito gastronómico e patrimonial galego, achegarán a súa peculiar visión do país, e sobre todo do pobo de Fisterra como un dos puntos de chegada do Camiño de Santiago, como lugar de acollida de peregrinos e visitantes da ruta xacobea pero tamén como lugar de vida vinculado ao mar e á terra e rico en cultura e historias.

Haberá accións artísticas, performativas, escénicas, poéticas e musicais, sitúanse na liña da defensa e promoción da creación artística galega. Ademais, os roteiros propostos no marco do festival están pensados a través da promoción de valores de sustentabilidade, respecto ao ambiente e ao patrimonio natural e arquitectónico da zona.

Programa do Desenfocar Fisterra

Sábado 4:

  • 11:00h: Visita guiada ao Museo da Pesca con Alexandre Nerium.
  • 18:00h: Saída ornitolóxica polo Porto de Fisterra a ver as aves co biólogo Nacho Munilla.
  • 19:30h: Recital poético na Praia Langosteira con Estevo Creus.
  • 20:00h: concerto na Praia Langosteira con Su Garrido.

Domingo 5:

  • 11:00h: Paseo pola arquitectura de Fisterra con Christian García Bello, a partir da Igrexa.
  • 14:00h: Comida comentada con Pepe Formoso no Restaurante O Trebón.
  • 18:00h: Roteiro mariñeiro con Alexandre Nerium con saída do Museo da Pesca.
  • 20:00h: Concerto na Praia Langosteira cos Amigos dos Músicos.

Fisterra Blues Experiencie

Con novidades chega unha nova edición do festival de blues da fin da terra. A cita será os 18 e 19 deste mes. Iremos confirmando o programa.

Fisterra Blues Experience 2021 copia

Comentarios