Un pescador falece en Fisterra cando ía ao mar

Primeiro suceso neste 2011. Esta mañá de xoves 20 de xaneiro, arredor das 6:00h, aparecía morto o corpo do veciño fisterrán con iniciais M.L.C. Segundo a Policía Local, o veciño, de 52 anos, baixaba dende a súa casa cara o porto pola estrada do faro, e caía morto na rúa Alcalde Fernández, frente ao antigo Ricardo Muñoz. Outro veciño pescador atopábao no medio da estrada. Segundo apuntaba o 061 o falecido non tiña síntomas de accidente nin de roubo, polo que se supón que podería ser un infarto. Xa avisara á súa familia nos últimos días, pero el mesmo achacaba o seu malestar a unha posible gripe. Trátase dunha familia de Fisterra que pasou varios anos no País Vasco, tamén á pesca. Pero xa levaban de volta na súa terra máis que 5 anos.

Novas relacionadas

Accidentes no 2010

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos de Xusto Gómez.