Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Rescatan a unha mariscadora que caíu ao mar en Caldebarcos

Rescatan a unha mariscadora que caíu ao mar en Caldebarcos
Mañá acidentada esta do xoves 20 de xaneiro de 2011. Se en Fisterra un pescador falecía cando ía ao mar, en Carnota unha muller caía ao mar pero era rescatada a tempo. Ocorría arredor das 9:20h da mañá cando un veciño avisou ao 112 do accidente. Trátase dunha veterana mariscadora da zona, de 58 anos e iniciais M.T.L.V., caía ao mar en Caldebarcos, mentres recollía mexillón nunha zona complicada ao ser arrastrada por unha ola. Uns veciños nunha chalana conseguiron rescatala a tempo sen necesidade de que Salvamento Marítimo intervise. Ao lugar tamén acodiron un helicóptero do 112 e unha ambulancia do 061, que levou á veciña ao Hospital Virxe da Xunquera de Cee. A muller, a media mañá, seguía en Urxencias do HVdX sen apenas ningún golpe e en bo estado, pero ao ter tragado moita auga, é necesario que se manteña unhas horas en observación.  Todo apunta que hoxe mesmo poderá volver a súa casa.

Novas relacionadas

Accidentes no 2010

Máis novas

Fonte

Comentarios