Un pescador falece en Fisterra cando ía ao mar

10:48 20/01/11
Primeiro suceso neste 2011. Esta mañá de xoves 20 de xaneiro, arredor das 6:00h, aparecía morto o corpo do veciño fisterrán con iniciais M.L.C. Segundo a Policía Local, o veciño, de 52 anos, baixaba dende a súa casa cara o porto pola estrada do faro, e caía morto na rúa Alcalde Fernández, frente ao antigo Ricardo Muñoz. Outro veciño pescador atopábao no medio da estrada.
Segundo apuntaba o 061 o falecido non tiña síntomas de accidente nin de roubo, polo que se supón que podería ser un infarto. Xa avisara á súa familia nos últimos días, pero el mesmo achacaba o seu malestar a unha posible gripe.
Trátase dunha familia de Fisterra que pasou varios anos no País Vasco, tamén á pesca. Pero xa levaban de volta na súa terra máis que 5 anos.
Novas relacionadas
Accidentes no 2010
- 17-12-10: Falece un pescador nos cantís de Laxe.
- 22-12-10: Novo naufraxio nos cantís de Fisterra.
- 24-11-10: Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo.
- 19-11-10: Atopado o corpo o pescador desaparecido en Baldaio o día do temporal.
- 09-11-10: Un home desaparece na ría de Baldaio cando ía pescar en pleno temporal.
- 15-09-10: Morre un home na praia de Nemiña.
- 08-09-10: Apararece un cadáver en Fisterra que pode ser o do "italiano".
- 05-09-10: Unha nova morte nos cantís de Fisterra.
- 22-08-10: Un morto e un desaparecido nas praias da Costa esta fin de semana.
- 09-08-10: Morre un home na Praia Langosteira.
Máis novas
- Artellando unha homenaxe aos Voluntarios do Prestige que cambiaron a Costa.
- A cara máis íntima do naufraxio de Xusto Gómez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Xusto Gómez.