Venres. 29.03.2024
El tiempo

Falece un pescador nos cantís de Laxe

Falece un pescador nos cantís de Laxe
Novo accidente no mar da Costa da Morte. Un pescador falecía a pasada mañá de domingo 26 de decembro de 2010. O home caía accidentalmente ao mar dende uns cantís e xa non conseguía volver a terra. O suceso tiña lugar sobre as 8:30h da mañá arredor da zona da Praia dos Cristais e o Cemiterio vello, zona moi habitual para os pescadores da zona. Un veciño, compañeiro de pesca, avisou aos efectivos de seguridade e Salvamento Marítimo atopaba o corpo da vítima 3 horas máis tarde. Dende Protección Civil de Laxe infórmannos que o falecido era natural de Sofán (Carballo) e tiña 51 anos. Segundo amigos da vítima, que estaban a pescar con el, era a primeira vez que ía pescar á Costa laxense, xa que eran habituais da zona de Malpica.

Novas relacionadas

Accidentes no 2010

Máis novas

Fonte

Comentarios