Novo naufraxio nas rochas do Cabo Fisterra

09:44 22/12/10
Esta mesma tarde de martes 21 de decembro de 2010, arredor das 17:00h, a pequena embarcación de pesca Nuri, con base en Fisterra, encaiaba nas rochas a poucos metros do Faro Fisterra, na zona do Bufadoiro. A Nuri sufría unha avería no motor cando viña de regreso ao porto. E atento ao suceso estaba coma sempre Xusto Gómez, especialista na materia como podemos comprobar na súa sección en QPC da A Cara máis íntima do Naufraxio.
Como el mesmo nos conta, o mar estábase poñendo malo e lanzouno á Nuri contra as pedras. O único tripulante, Manolo da Xulia, un mariñeiro da vila duns cincuento, anos logrou saltar a terra sen sufrir danos.
Manobra complicada
Ao rato achegouse a embarcación de Salvamento da Xunta de Galicia Paio Gómez Chariño, a cal mediante a megafonía díxolle ao mariñeiro se lle quitaba a embarcación. Manolo aceptou pero a manobra non foi doada dado que por veces o mar metíaa máis contra as pedras. Tardaron máis de media hora de tensión, ao cabo da cal conseguiron quitala e levala cara o porto. A Nuri tivo bastantes danos no seo casco, provocando o seu afundimento mentres era remolcada ao porto, e mentres o mariñeiro chegaba por terra, que ficou cunha seria faciana de preocupación. A embarcacion quedou amarrada no muelle a espera do parte seguro arredor das 18:00h. Afortunadamente non houbo danos persoais, e tampouco se pode dicir que fose unha imprudencia.Novas relacionadas
- As imprudencias no mar páganse.
- Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal
Máis artigos
Fonte
- Información e fotos de Xusto Gómez.