Veciños de Fisterra e Mazaricos conquistan o Camiño para coñecelo e espallar a MZ


Boas inciativas as que se realizaron esta fin de semana dende Fisterra e Mazaricos. A idea era aprender a sentir o Camiño, para poder despois entender mellor aos peregrinos que nos visiten.
Dende Santiago partiu un pequeno grupo de fisterráns, comandados por Roberto Traba Velay, e foron disfrutando das marabillas do Camiño, pero tamén da convivencia.

Dende a neve O Cebreiro partiu unha expedición mazaricá en bicicleta, formada por xente da Asociación de Hostaleiros e o propio Concello, así como varios veciños. Unha viaxe con doble obxectivo: promocionar o tramo desta ruta que pasa polo Concello a través do boca a boca e deixando dípticos informativos; ademais de que tamén é un un xeito de que os propios veciños coñezan de primeira man a ruta para despois contalo.
Por parte do Concello, o encargado de pedalear no grupo é o concelleiro Esteban Pereiro e os técnicos de deportes. Así, esta fin de semana farán unha parte e a fin de semana do 22 e 23 de abril rematarán.

Novas relacionadas
- Fisterra quere sentir que ten o Camiño.
- Mazaricos aproba o POS+ para mellora do campo de tiro e do Camiño ao seu paso por Lago.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).