Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Volve a música ao Semáforo de Fisterra

MOZART Á gALEGA en Fisterra
Volve a música ao Semáforo de Fisterra

Este venres 26 de xuño volve a actividade cultural a Fisterra. O Concello abre a súa programación de verán, con actividades de pequeno formato orientadas a evitar grandes aglomeracións ao tempo que axudarán a recuperar a alegría nas rúas e o pulo cultural no noso municipio.

Haberá Cine na rúa destinado ao público familiar, concertos en pequeno formato... como o que vai estrear a campaña, o Concerto de Atlantic Mozart Flute Quarters, “Mozart á galega”, na banda composta por Luis Soto, David García, Ioana Ciobotaru e Millán Abeledo cunha frauta e un trío de cordas.

A cita, dentro do programa "No bico un cantar" na festa da música 2020 da Deputación da Coruña, será este venres 26 ás 9:00h na terraza do Semáforo de Fisterra.

Comentarios