Venres. 29.03.2024
El tiempo

Volven os problemas de aglomeracións na parada de autobuses de Fisterra

Volven os problemas de aglomeracións na parada de autobuses de Fisterra
Parada de Bus de Fisetrra Parada de Bus de Fisetrra

Parece evidente a necesidade de facer algo na parada de buses de Fisterra. Chegamos á temporada alta e unha vez máis, á chegada de peregrinos e turistas a Fisterra vólvense a repetir os problemas na parada de autobuses, debido á aglomeración de viaxeiros que baixan ou soben aos mesmos e que, en moitos casos, téñeno que facer desde a calzada da rúa Federico Ávila co que iso conlleva de risco para a súa integridade física.

Así o denuncian os propios membros da Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra, que piden ao Concello que dispoña un maior control e vixilancia da zona da parada. Unhas peticións que podería ir moito máis alá, esixindo un cambio de ubicación ou unha reforma integral da zona.

Denuncian os veciños que “algúns vehículos son aparcados por persoas desaprensivas na zona reservada aos autobuses na parada, o que impide que estes poidan deixar ou recoller aos usuarios coa seguridade que sería desexable, ao non poder aparcar non lugar adecuado”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios