Yolanda Castaño volveu a Fisterra a presentar "Materia"
- O Hotel Bela Fisterra acolle este sábado unha homenaxe aos 100 anos do clásico "Ulises"
12:27 15/12/22
Non para o Bela Fisterra de armar eventos. Esta pasada fin semana a protagonista foi Yolanda Castaño. A poeta herculina volveu á que foi a súa habitación, a chamada marea Viva que amadriñou durante os pasados anos no hotel fisterrán.
Fíxoo cunha conversa completa con Pepe Formoso como presentación na Costa da Morte do poemario “Materia“, o primeiro poemario nos últimos 8 anos; falando tamén da súa non materindade, as súa vida pasada, presente e futuro.
Novo evento
Sen tempo para degustar, este sábado 17 de decembro ás 12:00h o Hotel Bela Fisterra acolle unha cita que serve para celebrar centenario do clásico "Ulises" de James Joyce. Unha homenaxe cos profesores da UDC e escritores: Miguel Giraldez, Antonio de Toro e David Clark Mitchell.