18 equipos parten na Liga Prebenxamín, mentres as Alevíns e Benxamín contan con 3 grupos
17:07 23/01/19
Así queda a última xornada da Liga Prebenxamíns de F8
Pasan algunhas cousas estranas no Fútbol da Costa. Xa temos calendario da Liga Prebenxamín, que conta con 18 equipos, dende Outes ata Seaia. Unha Liga que comeza o 27 de xaneiro, a unha soa volta, e que choca frontalmente co que acontece nas ligas de F8 Alevín e Benxamín. Ata 3 grupos teñen as devanditas categorías…
7 equipos forman uns estranos Grupo 5º de Benxamíns e Alevíns… contra os 18 dunha fermosa liga Prebenxamín.