1ª FUTGAL: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa

Isaac Fabregas no Queixas-Fisterra

Xornada fatídica esta a 7ª, para os 5 equipos costeiros na 1ª FUTGAL. De feito, as 5 derrotas deixan aos 5 entre os 7 peores da clasificación.

Praíña - Muxía (4-1)

  • Muxía: Iván Bouzón, Noé, Mateo, Antón, Carlos Costa, Brais, Alex, Mauro, Manu Nogueira, Fran Moreira e Róber. Tamén: Michael, Manu Martínez, Carlos Antelo, Fabián.
  • Goles: 1-0, m.21: Rubén Ferreiro; 1-1, m.46: Carlos Costa; 2-1, m.71: David Calvo; 3-1, m.78: Manu Soto; 4-1, m.93: Yago Torrente.

Foi clave a expulsión de Alex Martínez no m.58 para que o Muxía non acadase un puntiño, cando menos, do Juan Amado de Pontevea, en Teo. Os de Pataca comezaron moi ben, chegando á área rival, sendo superiores con balón. Era o cadro local o que se metía por diante nun erro da defensa corviña, pero o equipo seguía merecendo máis.
Foi nada máis sacar de centro ao comezo da segunda cando Carlos Costa logra o empate. O equipo non baixa e mesmo Fran bate no longueiro no que puido ter sido o 1-2. Pero xusto aí chega a expulsión de Alex. A partir de aí, o campo comeza a envorcarse para o seu lado, ata que a 20 do final, un golazo pola escuadra dos locais rompe o partido e desmoraliza aos muxiáns, sendo un querer e non poder ata o pitido final.

Castriz - Bertamiráns (0-3)

  • Castriz: Coke, Samu Castro, Brais, Anxo, Fabio Blanco, Carlos Rieiro, Marcos Mouro, Adrián García, Josiño, Marcos e Juanjo. Tamén: Íker, Feal, Gesto, Fabio Barbeira, Rodo e Saúl Proupin.
  • Goles: 0-1, m.2: Azael; 0-2, m.6: Pablo Bibang; 0-3, m.32: Azael.

Minuto 5 en San Pedro, e o marcador xa se metía 0-2, tras dous goles en xogadas de balóns prolongados e rexeites. Eran os dous primeiros achegamentos dun rival que chegaba moi arriba, sen perder partido. A partir de aí, o partido estivo condicionado, e o líder meteuse ben atrás, buscando eses dous dianteiros que marcan as diferencias a nivel físico na categoría. Non se amilanou o Castriz, que dominou, pero cando mellor estaban os de Miguel Chouza, chegaba o terceiro.

Na segunda, o Castriz foi dominador, tendo varias ocasións claras para darlle un pequeno susto, pero sen acerto. “Non me vou triste polo xogo do equipo, porque competiu ben a pesar da diferencia no marcador”, afirma Chouza.

Queixas - Fisterra (3-2)

  • Fisterra: Adrián Suárez, Mateo, Isma, Dani, Maikel Mouzo, Ángel, Miguel, Luísete, Guille, Juan e Isaac Fábregas. Tamén: Joselu, Martín, Beltrán, e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.1: Mateo Viqueira; 2-0, m.11: Tovar; 3-0, m.20: en propia; 3-1, m.30: Guille; 3-2, m.93: Juan.

Non foi bo patido dos de Leo Picallo na Revolta (Cerceda), que xa recibían o primeiro tanto nada máis comezar, o que os obrigaba a cambiar a formulación inicial. A pegada do cadro local era clave e aos 20 minutos xa levaban 3 no lombo. O Fisterra, con moitas baixas e cheo de mocidade, aínda pelexou, maquillando o resultado pero os locais foron claros vencederores, mesmo puidendo levar máis diferencia.

Tordoia - Camariñas (6-0)

  • Camariñas: orge, Martín, Borja (Oliver), Soule, Pablo Suárez, Moriño, (Anxo), Joseba, Javi (Asier), Adam, Mario e Djibril.
  • Goles: 1-0, m.15: Abel Torres; 2-0, m.28: Alberto Fraga de penalti; 3-0, m.44: Abel Torres; 4-0, m.45+3: Abel Torres; 5-0, m.70: Abel Torres; 6-0, m.89: Abel Torres.

Partido que durou 45 minutos, finalizando con rotundo 4-0, a pesar de que o Camariñas non estaba a facer un mal partido no Antigo Gogullos. Porque os de Cabrejo comezaban dominando, tendo mesmo algunha ocasión antes de que Abel Torres abrise a súa conta goleadora ao cuarto de hora. O partido transcorría igualado, pero un penalti permitíalle ampliar a renda aos locais. Foi ao fío do descanso cando se rompía o partido, cun golazo pola escuadra dende lonxe e outro tanto á contra de Abel.

Pouco que destacar da segunda, pero ademais da dura derrota, os camariñáns volven coas importantes expulsións de Mario (nunha xogada na que lle fixeron unha durísima entrada que quedou en amarela) e Djibril, por protestar, e os dous xogadores non poderán estar para recibir á Esteirana.

Esteirana - Boimorto (1-3)

  • Esteirana: Guille, Sui, Godo, Anxo Caamaño, Aitor, Antón, Anxo Olveira, Adrián Louro, Raúl, Toni e Róber Pladur. Tamén: Simón, Uxío, Samuel e Pachi.
  • Goles: 0-1, m.15: Carlos Lugo; 0-2, m.21: Brais Loureiro fai un golazo; 0-3, m.57: Luis Miguel de falta pola escuadra; 1-3, m.84: Antón Olveira.

Saíron a por todas os visitantes, que na primeira media hora apretaban e tiraban 6 veces, marcando 2 goles, o primeiro tras un erro da defensa. Os esteiráns, que teñen innumerables baixas sobre todo na parte de atrás, sufríu moito, conseguiron aguantar a primeira metade, e saíron moi ben na segunda, con dous mans a mans de Raúl, e con Róber Pladur xerando moito, ata que volveu sufrir do xeonllo e tivo que ser retirado. Xusto aí, chegaba o terceiro dos locais de fermosa falta, finiquitando o partido.

Adán confía no equipo, que está adestrando de cine, e espera ir recuperando as baixas, porque isto é un querer e non poder. De aquí as vindeiras semanas poderían volver Code, Simón, Kevin, e pronto tocaralle tamén a Pablo Rama, e ao resto de baixas.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info