luns. 06.10.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: Dous fermosos derbis

Camarinas-Fisterra-Foto-Campana 2
Imaxe do Camariñas-Fisterra no Vicente Carril-Foto-Campaña
1ª FUTGAL: Dous fermosos derbis

Dous derbis costeiros protagonizaron a 5ª xornada da 1ª FUTGAL. No Vicente Carril, o Camariñas vencía ao Fisterra pola mínima, e se colocal na zona noble, mentres que no Xosé Luís Vara, Esteirana e Muxía asinaron táboas.
Ademais chegou a primeira, e necesaria, vitoria do Castriz, cun contundente 3-0 ao Bastavales. Con todo, Fisterra, Castriz e Esteirana pechan a clasificación con 4, 3 e 2 puntos respectivamente, algo que tampouco debe preocupar nesta liga igualadísima.

Castriz - Bastavales (3-0)

  • Castriz: Iker, Fabián, Samu Castro, Anxo, Marcos Mouro, Adrián García, Carlos Rieiro, Iván Pastoriza, Chapela, Josiño e Juanjo. Tamén: Coke, Óscar Feal, Gesto, Fabio Barbeira e Fabio Blanco.
  • Goles: 1-0, m.29: Juanjo aproveita un rexeite do porteiro a un tiro de Josiño; 2-0, m.60: Anxo e un defensa nun córner; 3-0, m.69: Josiño.

Vitoria clara e xusta do Castriz que dominou os 90 minutos. Tras unha semana de charlas e de conxura, o equipo de Miguel Chouza saíu con moita intensidade, alto atenazados polas presas e con moitas precipitacións, pero moi dominadores. Custou meterse por diante pero Juanjo abriu a lata tras un tiro de Josiño.

Na segunda, algo máis tranquilos, co rival máis aberto, os xalleiros puideron ter matado o partido moito antes, pero a pesar dos 3 goles, erraron moitas ocasións.

sd castriz
O Castriz celebrando a primeira vitoria do curso

Camariñas - Fisterra (2-1)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Borja, Soule, Pablo Suárez, David, Javi, Joseba (Anxo), Adam, Mario e Djibril.
  • Fisterra: Joselu, Mateo, Isma, Dani, Maikel Mouzo, Lois, Pablo Velay, Miguel, Ángel, Guille e Isaac Fábregas. Tamén: Adrián Suárez, Mario, Gabri e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.9: Adam; 2-0, m.54: Mario; 2-1,m.59: Dani.
Camarinas-Fisterra-Foto-Campana
Camariñas-Fisterra-Foto-Campaña

Partido moi intenso no Vicente Carril, que comezaba co Camariñas levando o mando do choque ante un Fisterra que chegaba coas baixas de Colombia, Luisete, Juan Formoso, Makaay e Martín, facendo un equipo de circunstancias. Os de Cabrejo (que viña de recoller nun acto da Federación o recoñecemento como Adestrador Destacado da Costa), saían moito máis enchufados creando ocasións e abrindo pronto o marcador nunha xogada na que Mario vaise por banda e pasa a Djibril que remata e o rexeite do porteiro cólleo Adam para facer o 1-0.

Dominaban os locais con algunha chegada, tendo tamén Guille un man a man para os de Leo Picallo que sae fóra por pouco.

Na segunda volvía saír o Camariñas con todo, e nunha arrincada de Mario dende o medio campo, vaise de varios xogadores e supera tamén a Joselu para facer o segundo.
Tras uns minutos de desconcerto, reaccionou o Fisterra, e metían balóns dentro para que Dani recurtase, convertindo a última media hora nun ida e volta (cómpre destacar unha boa de Isaac que para Jorge), que puido ter cambiado o rumbo do partido.

Mario no Camarinas-Foto-Sara Camarinas
Mario no Camariñas-Foto-Sara

Esteirana - Muxía (2-2)

  • Esteirana: Guillerme, Code, Simón, Damián, Aitor, Antón, Pachi, Uxío Fari, Anxo, Hugo e Róber Pladur. Tamén: Pablo, Raúl, Adrián Louro, Samu León e Anxo Caamaño.
  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Brais, Carlos Costa, Antón, Mauro, Manu Martínez, Iago Muíño, Víctor Alcaina, Manu Nogueira e Róber.
  • Goles: 1-0, m.40: Rober Pladur tras unha xogada por banda; 1-1, m.42: Róber; 1-2, m.71: Manu Nogueira; 2-2, m.74: Pablo de penalti.

Esteirana-Muxia na Salina

Partido moi igualado o vivido na Salina entres dous moi bos equipos, dominado por fases. Comezaba cadro local seguindo mellor o guión que quere Adán (que vai recuperando efectivos, como Simón, aínda coa pubalxia a medias pero co compromiso extremo co equipo), con máis intensidade e apretando moi arriba, incomodando a saída dos muxiáns, buscando entrar por bandas para aproveitar os dous puntas Hugo e un Pladur que era quen de baixar cada balón aéreo e poñelo en xogo.
Houbo ocasións nas días áreas ata que a 5 do final, precisamente Pladur aproveita unha entrada por banda. Pero non aguantaron os locais e os muxiáns conseguían empatar de contado tras unha boa xogada de Róber.

Saíron máis arriba os de Sergio Pataca apretando máis e meténdose por diante por medio de Manu Nogueira. Tralo gol, Adán metía a Anxo Caamaño e ao xuvenil Pablo (15 anos), que provocaba un penalti e el mesmo asumía a responsabilidade e facía o empate. De aí ao final, houbo ocasións nas dúas áreas aparecendo Gullerme e Iván Bouzón.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios