1ª Galicia: O Baio irrumpe con forza
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
A sorpresa da xornada dábase no Conco coa vitoria dun Dumbría que viña de caer goleado durante a semana polo Baio, e que acababa goleando a un Mazaricos que suma o terceiro partido sen vencer. Os amarelos distáncianse dun Negreira que vencía, con dificultades, ao Soneira e que volve ser líder, tralo empate do Tordoia ante un grandísimo Volantes.
Segue viva pois a loita pola 3ª praza, cun Baio que vencía e convencía no Pinguel, que vén dende abaixo e que se aproveita os seus partidos adiados poderíase colocar mesmo de líder.
Esta semana volverá haber partidos entre semana, e tamén o domingo a pesar do parón polo Entroido. O mércores, Ponteceso-Soneira; o domingo Baio-Volantes, Negreira-Ponteceso e Soneira-Corme.
Tordoia - Volantes (1-1)
- Volantes: Alberte, Alex Figueiras, Oscarín, David Paus, Jano, Mos, Santi, Toni, Pesco, Pardelo, Manoliño. Tamén: Alex de Yi, Isma, Kike, Kevin e Ricardo.
- Gol: 0-1, m.48: Jano remata de cabeza unha falta de Pesco; 1-1, m.65: Denis.
Atopouse o ata onte líder, o Tordoia, cun equipo laranxa moi mellorado con respecto ao da primeira volta. Os de Iván González fixeron un gran partido, que comezaba moi igualado, cun primeiro tempo moi aberto con chegadas nas dúas áreas. Denis facía dano na zaga dos costeiros, que tamén chegaba con opcións como unha Manoliño que cruzou de máis, ou Pardelo non pode bater ao meta local.
A máis, clara, foi xusto ao fío do descanso, cun tiro de Pesco que para o porteiro e o balón se pasea por liña de gol.
Si marcou á volta dos vestiarios, cun tanto de Jano.
Aí, o Tordoia comezaba a estirarse e aos 230 minutos igualaba nunha mala transición defensiva dos laranxas. Igualouse de novo o choque, co Tordoia algo máis arriba, pero cun Volantes que puido ter decantado o partido con varias contras, como unha de Kike que proba dende 35 metros pero o balón sae rozando o pau; ou un par de Toni e Kevin.
Chegou a xogada da polémica, cando Pesco marchaba nunha contra e era parado en falta por Denis. O pichichi do cadro local revólvese, e tírase facendo teatro, coma se Pesco lle dese un cabezazo. O colexiado pica e expulsa ao xogador muradán a pesar de non ter feito nada.
Quedaban 10 minutos e os laranxas tiveron que aguantar ata o pitido final cun home menos.
Ponteceso - Baio (1-5)
- Ponteceso: Brais, Isaac, Eloy Trigo (Raúl Pertrusán, m.78), Juanjo, Luca, Iago Lopez, Pablo Vázquez, Alberto Recarey, Nando, Eloy Álvarez (Puente, m.52), Hadrian Neira (Mara, m.51).
- Baio: Diego, Norberto, Mario, Damián, Bieito, Damián, Ceide, Peke, Braian, MC, Paco. Tamén: Iago, Iván, Iván, Sergio e Alex.
- Goles: 1-0, m.40: Alberto Recarey; 1-1, m.47: Braian; 1-2, m.50: MC; 1-3, m.72: Paco; 1-4, m.72: Norberto; 1-5, m.86: MC.
Comezaba o partido cun Baio moi enriba, con ocasións a balón parado e aproveitando as segundas xogadas, mesmo mandando un balón ao pau nun córner directo de Braian. Pero era Alberto Recarey o que adiantaba aos seus tras unha fermosa galopada. Tivo aí o segundo Nando, pero perou Diego.
Na segunda metade o Baio foi moi superior, e en 5 minutos xa remontara. Posteriormente dous goles en dous corners, con remates de Norbi e Paco, e ao final, outro tanto MC a porta vacía tras un pase de Paco nunha contra, sentenciarían.
Dumbría - Mazaricos (4-0)
- Dumbría: Anxo, Alex Sánchez, Baba, Kanario, Mataso (Mario), Brais Fdez, Anxo, Code (Rivi (Marcote), Sendón, Darío e Xabi Castro.
- Mazaricos: Iván Baña, Oscarín, Raúl, Mario, Marcos, Borj
Non foi un partidazo o vivido no Conco, pero si foi un choque igualado, máis do que sinala o marcador, con poucas opcións de gol. Tras un primeiro día moi romo en ataque, o Dumbría facíase co mando tralo gol á volta do descanso. A partir de aí, o Mazaricos non puido adaptarse e sen chegar arriba con claridade, permitiu numersoas xogadas de gol do cadro dumbriés, que foi merecedor da vitoria, se cadra, algo esaxerada.
Soneira - Negreira (1-2)
- Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Noya, Pichi, De la Sierra, Agra, Alex Figueiras, Diego Lois, Cristian, Basti, Javi Souto. Tamén: Darío, Ángel, Joel-.
- Goles: 0-1, m.36: Marcos Caridad; 0-2, m.49: Gonzalo; 1-2, m.58: Pichi.
Tivo que empregar máis balón directo o Negreira de Baleato do normal ante un moi ben asentado Soneira. Na primeira metade, a mellor ocasión era de Brais Mouzo, á que respondía o meta local cun paradón milagreiro. Pichi non conseguía definir no man a man un pase precioso de Basti, e malia que o perigo o xeraba o cadro de Pedro, o gol chegaba do bando local antes do descanso.
A segunda comezaba como remataba a primeira: cun tanto local nun remate espectacular dos locais. Co 0-2, , o Soneira comeza a abalanzarse sobre a meta local, cunha marea de ocasións. Pichi recurtaba e Basti tivo ata 3 mans a mans, unha mesmo petou no pau, pero o gol do empate non chegaría.
Corme - Belvís (2-2)
- Corme: Suso, Jesús, Brais Pailos, Pandi, Diego, Brais Torrado, Javi Bermúdez, Adrián Doldán, Toniño, Lucas, e Alejo. Tamén: Sergio Sueiro, Borja Torrado, Illote, Manu Bermúdez e Noel.
- Goles: 0-1, m.50: de penalti; 0-2, m.54; 1-2, m.77: Alejo de penalti; 2-2, m.88: Alejo.
Comezaba o choque co cadro santiagués co dominio do balón, pero sen crear perigo ante un Corme agazapado. Pero saían con pertifo nas contras os de Lelo e Ángel, como nunha internada de Lucas que regatea ao porteiro e o seu tiro foi sacado na liña de gol por un denfesa. Tamén tivo Alejo o tanto nun man a man co meta visitante, se ben o Belvís tamén tivo un bo remate para poñerse por diante xusto ao fío do descanso.
Empezaba a segunda parte con dous goles moi rápidos do Belvís, primeiro nun balón en longo que acaban facendo penalti sobre o dianteiro e despois nun tiro cruzado dende a frontal.
Aínda tería o Belvis outra o casión máis para marcar o terceiro antes de que o Corme espertara. E fíxoo a tempo. Alejo recurtaba nun penalti cometido sobre si mesmo. E sería o propio pichichi o que poñeria as táboas no marcador logo dun tiro dende a frontal. Tralo empate o partido quedou stolo e puico caer de calquera lado pero xa non eran minutos de precisión nos remates.